Saltar ao contido

María Jesús García Souto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMaría Jesús García Souto
Biografía
Nacemento1975 Editar o valor en Wikidata (48/49 anos)
Sobrado, España Editar o valor en Wikidata
Alcaldesa de Sobrado
marzo de 2017 – abril de 2018 (moción de censura)
← Lisardo SantosLisardo Santos → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor en Wikidata

María Jesús García Souto, nada en Sobrado en 1975, é unha política galega do PPdeG.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Xerente do polígono de Bergondo. Nas eleccións municipais de 2015 encabezou a candidatura independente Todos Por Sobrado e foi elixida concelleira. Os dous concelleiros electos de Todos por Sobrado non apoiaron a elección do alcalde Lisardo Santos Ares do PSdeG. En marzo de 2017 presentou unha moción de censura apoiada polo PPdeG e foi elixida alcaldesa de Sobrado[1]. Porén, unha nova moción de censura levou de novo a alcaldía a mans de Lisardo Santos en abril de 2018[2][3], tralas desavinzas entre independentes e populares, e contar os socialistas co apoio dun edil popular que accedera recentemente á corporación e que se inscribiu como non adscrito para facilita-la moción.

Presentouse de novo á alcaldía nas eleccións municipais de 2019 encabezando a lista do PPdeG. Revalidou os 2 concelleiros obtidos como independente, pero non mellorou os resultados de 2015, cando o PPdeG perdera a maioría absoluta despois de 16 anos no poder na vila, véndose superada por unha ampla maioría do socialista Lisardo Santos, que logrou 7 edís.


Predecesor:
Lisardo Santos Ares
 
Alcaldesa de Sobrado
 
2017 - 2018
Sucesor:
Lisardo Santos Ares

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]